viernes, 10 de abril de 2026

Nueva Flotilla :Flotilla a Gaza Global Sumud



 Pregunta parlamentaria de Néstor Rego (BNG) en el Congreso y Carmen Da Silva en el Senado

Á necesidade de adoptar medidas previas para garantir a seguranza e o respecto á liberdade de navegación da Flotilla a Gaza da Global Sumud
Á MESA DO CONGRESO
O deputado do BLOQUE NACIONALISTA GALEGO (BNG), Néstor Rego Candamil, adscrito ao GRUPO PARLAMENTAR MIXTO, ao abeiro do estabelecido no artigo 185 e seguintes do Regulamento do Congreso, formula as seguintes preguntas dirixidas ao Goberno para a súa resposta escrita relativas á necesidade de adoptar medidas previas para garantir a seguranza e o respecto á liberdade de navegación da Flotilla a Gaza da Global Sumud

O próximo 14 de abril está previsto que diferentes barcos saian do Porto de Barcelona en misión civil pacífica e humanitaria con destino a Gaza, acción na que participan representantes da Global Sumud Galiza, que forma parte da rede internacional descentralizada cuxo obxectivo é o de romper o ilegal bloqueo de Israel e levar axuda humanitaria e apoio sanitario e educativo a Gaza.

Reiteradamente, nas distintas viaxes emprendidas pola Global Sumud co obxectivo de levar axuda humanitaria a pesar do bloqueo, os barcos que se sumaron á accións sufriron ataques, asaltos e os seus tripulantes, padeceron agresións, detencións ilegais e secuestros. Así, é preciso que o Goberno do Estado español actúe con contundencia para garantir a seguranza das embarcacións na navegación e adopte todas as medidas preventivas precisas para impedir novas accións contra a Flotilla.

O Executivo debe abandonar a pasividade e actuar decididamente, desde o momento no que os barcos saian dos portos, exixir o cumprimento da normativa e convencións internacionais que garanten a libre navegación por augas internacionais de forma pacífica, e mediar para evitar os ataques, bombardeos, asaltos e secuestros de Israel.

É preciso que o Executivo cambie a dinámica en relación a estas misións de defensa dos dereitos humanos, da liberdade do pobo palestino e en contra do xenocidio, adoptando unha posición activa, preventiva e propositiva, anticipando a súa actuación, en colaboración con outros gobernos, garantindo o respecto do dereito internacional e para exixir a Israel o cese dos ataques antes de que estes se produzan.

É preciso lembrar que Israel segue adiante co xenocidio e limpeza étnica da poboación palestina, con accións que vulneran todas as Convencións e normas en materia de dereitos humanos. Sigue a bloquear a entrada da axuda humanitaria e mantén fechado o paso de Raffah e as poucas subministracións que chegan son totalmente insuficientes para atender á poboación de Gaza.

Así pois, a acción global é urxente para romper o cruel asedio a Gaza e denunciar a ocupación ilegal de Palestina, a escalada de violencia e o estado de apartheid no que viven as palestinas e os palestinos.

En definitiva, o Goberno español debe dar o seu respaldo a acción humanitaria e pacífica que emprende a Global Sumud, mantendo abertas liñas de comunicación cos seus representantes, como é caso da delegación galega, e que exerza toda a presión para lograr unha Palestina libre e en paz a comezar pola rotura de toda relación co réxime sionista.

Polos motivos expostos, o BNG formula as seguintes preguntas dirixidas ao Goberno:

1. Que medidas preventivas ten previsto adoptar o Goberno do Estado ante a próxima partida da nova acción da Global Sumud prevista para o 12 de abril dese o porto de Barcelona e impedir as agresións extraterritoriais de Israel que atentan contra o dereito de navegación da Convención do Mar e asegurar a entrega de axuda humanitaria e solidariedade co pobo palestino?
2. Estabelecerá o Goberno, desde antes da partida, unha canle de contacto permanente e coa Flotilla a Gaza na que participa a representación galega da Global Sumud? Cambiará o protocolo de actuación para garantir a asistencia desde o momento da saída?
3. Adoptará o Goberno unha postura proactiva, estabelecendo previamente canles de comunicación cos representantes das distintas delegacións da Global Sumud que parten a Gaza e facilitando mecanismos de seguimento e comunicación permanentes?
4. Que accións emprenderá para exixir a Israel o respecto do dereito de navegación por augas internacionais, así como o compromiso de garantir a seguranza dos barcos que integren a acción civil e pacífica, sen que se produzan ataques, bombardeos, asaltos e secuestros?
5. Que disposición ten o Goberno a contactar con outros Gobernos para coordinar a actuación en defensa da Global Sumud e aseguraren o dereito á libre navegación?

Madrid, a 7 de abril de 2026
Néstor Rego Candamil
Deputado do BNG no Congreso
07 ABR. 2026 12:03:23 Entrada: 108994

PREGUNTA CON RESPOSTA ORAL NA COMISIÓN DE ASUNTOS EXTERIORES DEL CONGRESO Y DE CARMEN DA SILVA EN EL SENADO
O deputado do BLOQUE NACIONALISTA GALEGO, NÉSTOR REGO CANDAMIL, integrado no GRUPO PARLAMENTAR MIXTO, formula a seguinte pregunta dirixida ao Goberno:

Que medidas preventivas ten previsto adoptar o Goberno do Estado ante a próxima partida da nova acción, na que participa a Global Sumud Galiza, prevista para o 12 de abril desde o porto de Barcelona e impedir as agresións extraterritoriais de Israel que atentan contra o dereito de navegación da Convención do Mar e asegurar a entrega de axuda humanitaria e solidariedade co pobo palestino?
En Madrid, a 7 de abril de 2026
Néstor Rego Candamil
Deputado do BNG
Portavoz Adxunto do GP Mixto
Registro 108993

Más información:


...

No hay comentarios:

Publicar un comentario

El ejército israelí está interviniendo ilegalmente en aguas internacionales contra la Flotilla Global Sumud

  Comité de Solidaridad con la Causa Árabe Creta .El ejército israelí está interviniendo ilegalmente en aguas internacionales contra la Flot...