Manifesto galego pola
integridade da Palestina
2020 será
lembrado na historia como o ano da COVID-19. Mais a enorme traxedia das vítimas
desta pandemia, por mais próxima que nos resulte, non é a única que afecta
millóns, nin a única que conmove o máis elementar sentido da xustiza.
Nas terras
de Palestina, o sionismo, o racismo, o apartheid, que levan décadas a avanzar
reptando sobre as vítimas que sementan, pretenden agora dar un grande salto
para a frente e entrar na fase definitiva da desaparición física e política da
Palestina.
Dentro da
lóxica do supremacismo israelita, dentro da lóxica do seu funcionamento como
punta de lanza do imperialismo contra os pobos árabes, a entidade sionista
anunciou un plano que sempre estivo aí: a ocupación completa da Palestina, a
seguir agora por Cisxordania. A luz verde a asentamentos e colonatos, que, na
realidade, nunca se detiveron, é o piar fundamental dunha estratexia de
substitución étnica que se acelera agora, coa benzón das potencias occidentais,
e que se traduce en destrución de vivendas e infraestruturas palestinas,
secuestro de activistas e de calquera que se opoña, roubo de terras e
destrucción de cultivos, bloqueo marítimo, construción de muros, multiplicación
de check-points e millares de persoas expulsadas das súas vilas, das suas
casas, á total intemperie, máis dura e descarnada precisamente agora que o
mundo padece esta pandemia.
Mais os
novos colonatos non son a única vía. O traslado de facto da capital sionista
para Xerusalén, coa transferencia das embaixadas dos Estados Unidos e dos
países teledirixidos desde Washington e co beneplácito dunha Unión Europea cuxo
único xesto é dicir que está «moi preocupada», é a fórmula para revestir toda a
operación dunha pretendida lexitimidade internacional. A anulación de Gaza,
bloqueada, embargada e mantida como un xigantesco campo de concentración para
dous millóns de persoas é a prefiguración do que Israel promete ao pobo
palestiniano se consegue imporse nesta guerra ás caladas.
A ocupación
da Palestina, que comezou formalmente en 1947 e que avanza desde entón, ano a
ano, metro a metro, é un crime con todas as letras. Un crime contra o pobo,
imposto pola forza militar que tanto serve para efectivar a propia ocupación
como para deixar en papel mollado as innúmeras condenas internacionais, na ONU
e noutros espazos, que o sionismo colecciona cinicamente como trofeos de
guerra.
A ocupación
da Palestina é un crime contra a humanidade. Ten uns responsábeis directos que,
ademais, non se esconden nin pretenden pasar despercibidos. E por iso exixe un
posicionamento claro e rotundo. Unha condena concreta e frontal.
As
organizacións e entidades que asinamos este Manifesto Galego pola Integridade
da Palestina
·
afirmamos a
integridade da Palestina e exiximos o fin da presenza israelita nos Territorios
Ocupados, o fin do bloqueo contra Gaza e o recoñecemento real e efectivo de
Xerusalén / al-Aqsa como capital da Palestina;
·
repudiamos o
chamado «Acordo do Século» que o imperialismo asinou consigo mesmo e con máis
ninguén, e negamos calquera recoñecemento á extensión das zonas controladas
polo rexime sionista;
·
exiximos o
fin dos asentamentos e colonatos israelitas en Cisxordania, ilegais á luz de
todo o dereito internacional;
·
condenamos
as políticas de apartheid e violencia, tanto física como simbólica, psicolóxica
e económica, do estado de Israel contra a poboación árabe da Palestina;
·
condenamos a
persecución sistemática contra calquera oposición e, en consecuencia, exiximos
a liberación dos millares de presos e presas políticas palestinianas e o fin da
arbitraria política de detencións administrativas;
·
afirmamos a
nosa adhesión completa aos principios da campaña internacional de boicote,
desinvestimentos e sancións (BDS) contra o estado de Israel;
·
denunciamos
a complicidade e o apoio do Estado español e da Unión Europea aos abusos
israelitas;
·
e afirmamos
o noso compromiso co pobo palestiniano e co seu dereito á resistencia.
O pobo da Palestina non está só no mundo.
Galiza coa Palestina!
Palestina vencerá!
asinan :
Agrupaçom Cultural O Facho
Agrupaçom de Montanha Águas Limpas (AMAL)
Ameixas da Ría
Asemblea Republicana de Vigo
Asociación Abeiro pola Protección Animal
Asociación Cultural Alexandre Bóveda
Asociación de Amizade Galego-Cubana Francisco Villamil
Asociación Galego-Bolivariana Hugo Chávez
Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA)
Asociación Pola Defensa da Ría de Pontevedra (APDR)
Associaçom José Afonso – Galiza (AJA Galiza)
Avante LGBT+
Bloque Nacionalista Galego (BNG)
Briga
Causa Galiza
Central Unitaria de Traballadoras (CUT)
Centro Social A Gentalha do Pichel
Centro Social A Revolta
Centro Social Autoxestionado A Cova dos Ratos
Centro Social Mádia Leva
Centro Social O Fuscalho
Colectivo Terra
Comité Antifascista da Lourinha
Comité Antifascista de Compostela
Confederación Intersindical Galega (CIG)
Erguer – Estudantes da Galiza
Esculca – Observatorio para a defensa dos dereitos e liberdades
Esquerda Unida
Estudantes Antifascistas
Federación Rural Galega (FRUGA)
FestiVal das Brétemas
Fundación Galiza Sempre
Fundación Moncho Reboiras
Fundaçom Artábria
Galiza Nova
Isca!
LiGanDo
Marcha Mundial das Mulleres – Galiza
Mulheres Nacionalistas Galegas (MNG)
Partido Comunista de Galicia
Partido Comunista do Povo Galego (PCPG)
Partido Comunista dos Traballadores da Galiza (PCTG)
Plataforma Antifascista Galega
Rede Transfeminista Galega
Sindicato Labrego Galego (SLG)
SOS Racismo Galicia
Unión da Mocidade Galega (UMG)
Unión do Povo Galego (UPG)
Verdegaia
Vía Galega
Vigo Antifascista
Xuventude Comunista
ResponderReenviar |
No hay comentarios:
Publicar un comentario